Xa teño os libros para a escola !!

Despois da pesadela que sufrín o ano pasado para mercar os libros de texto para os meus fillos, este ano tiña clarísimo que non quería volver a sufrir en septembro as colas de última hora na Libreria. Porque mira que eran longas as colas , pero se temos que págalos !!

Esta vez tiña un plan, e saliu todo a perfección , en canto saliu a lista dos libros fun a facer  a reserva na miña Libreria de cabeceira, insistin sen moita confianza, en que axilizaran o pedido. E para a miña sorpresa o 4 de agosto Xa estaban na Libreria !!!!.

Ali me fun a recollelos libros, sen colas de xente alporizada, nin dependientas estresadas, ….

Pois eso , eu Xa teño os libros dos nenos, e iso , para min é un gran alivio, nunhas semanas cando vaia camiñando polas rúas da miña vila e vexa unha de esas colas nas librerías , non poderei evitar sorrir un pouco  entre dentes.

Que raros poden ser os momentos de Ledicia dun Pai en apuros !!!        Si Xa Sei, «non é pa tanto», «menudo esaxerado», todo o que queirades pero a min o da a Volta o Colexio disgustame case tanto como as peregrinaxes o Ikea, pero eso e outro tema.

Por hoxe, misión cumprida!!

P.d.: Xa case olvidara que inda me falta mercar o material escolar, De esa cola , sí que non me libro !!!

Que pouco duran as alegrías dun Pai    en apuros.

feliz agosto a todos !!!

Deja un comentario